De forna penanular con apéndice interior triangular, composto por pequenas esferas, das que se conservan 21, soldadas entre sí en liñas horizontais de maior a menor. A parte medial en forma de crecente lunar moi pechado esta fromada por 5 fíos retorcidos e soldados.
Fragmento correspondente ao extremo terminal dunha variña de torques maciza de sección romboidal e remate oco en dobre escocia. Carece de ornamentación.
Fragmento que corresponde ao terzo central dunha variña maciza de sección romboidal dun torques fragmentado. Decorado polas súas dúas caras exteriores con dous grupos de tres ornitomorfos enfrontados e no centro dos grupos un rectángulo recheo de circuliños, nos extremos liñas verticais con circuliños inscritos e un triángulo adornado con circuliños nun dos seus vértices. Ornamentación realizada con punzóns simples e compostos.
Fragmento correspondente ao extremo terminal dunha variña de torques maciza de sección romboidal e remate oco en dobre escocia. Decorado na base do remate cunha roseta de seis pétalos, realizada cun punzón complexo, inscrita nun círculo.
Fragmento dun torques composto por unha variña maciza de sección romboidal e remate bitroncocónico macizo. Decorado polas súas dúas caras externas a base de zigzags, realizados con circuliños estampados con punzón simple.
Probable colar ríxido que presenta unha variña de sección romboidal en forma de ferradura e terminacións lixeiramente ensanchadas. Carece de ornamentación.
Parte central dun torques de variña maciza de sección romboidal. Decorada polas súas caras externas por dúas bandas de filigrana de dous fíos entrelazados formando oitos onde se colocan esferiñas enchendo os ocos interiores, remata cun fío enrolado á variña só nun lado.
Parte central dun torques de variña de sección circular maciza, que presenta unha pequena decoración formando espigado/sogueado que rodea e ocupa 1,6 cm no centro da barra.
Banda de forma rectangular curvada, obtida por martelado, que se estreita cara aos extremos, onde leva dúas perforacións en cada un para o cerramento da peza. A parte central presenta sete tiras conseguidas pola rotura da folla e posterior repuxado destas. Nas extremidades leva unha decoración de tres liñas horizontais e dúas verticais realizadas mediante un puntillado desde o interior.
Lámina rectangular curvada, obtida por martelado, con estreitamentos nos extremos. A parte central presenta trece cortes lonxitudinais que forman catorce tiras repuxadas. Nos extremos, dobrados formando pestanas para o peche, presenta decoración puntillada de liñas verticais polo reverso, nalgún caso coincidindo coa soldadura das láminas.
Actualmente presenta a forma dun colar articulado composto por un arame de sección circular martelado cos extremos dobrados cara a fóra a modo de ganchos de peche. O dito arame parece que lle foi engadido posteriormente ao achado, este leva ensartadas nove doas macizas bitroncocónicas, con perforación central. As doas son de distintos tamaños pero con formas similares, agás unha máis alongada.
Torques composto por unha variña de sección circular cuberta nos seus dous terzos extremos por arames enrolados que forman 36 espirais a cada lado e remates ocos en forma de periña. O lenzo central, liso, aparece limitado por dúas aplicacións de filigrana dispostas en espiral arredor dun botonciño central. Ten axóuxere en ambos remates.
Torques composto por unha variña de sección circular e remates ocos piriformes. Os terzos inferiores da cariña están recubertos por arames enrolados que forman 53 espirais nun lado e 57 no outro, mentres que a parte central, totalmente lisa, aparece acoutada por dúas aplicacións de filigrana dispostas en espiral arredor de dous bastonciños centrais. Ten axóuxere en ambos remates.
Torques en forma de "C" aberto, composto por unha variña maciza de sección romboidal e terminais ocos en dobre escocia. Carece de ornamentación e ten axóuxere nun dos remates.
Torques composto por unha variña maciza deformada e remates en dobre escocia tamén macizos. Os dous terzos laterais da barra están cubertos por un arame enrolado, sobre unha alma de sección irregular, que forma 33 espirais nun lado e 32 no outro. A parte central da variña de sección circular non presenta decoración.
Torques composto por unha variña de sección circular maciza e terminal oco en dobre escocia, no outro extremo só conserva a placa de unión co desaparecido remate. Os dous terzos laterais están cubertos por arames enrolados que forman 31 espirais nun lado e 29 no outro. O terzo central presenta na cara externa unha decoración de filigrana aplicada que forma catro bandas paralelas de 88 separadas por cordonciños sogueados ou simples.
Colar ríxido en forma de omega invertida. Consta dun eixo interior sobre o que se enrola un arame groso e outro fino soldados a unha barra interna imitando unha forma sogueada. O arame fino semella un cordonciño funicular e sóldase nos cavorcos do arame groso. Na parte central do colar o arame expándese formando 3 oitos ou entrelazos separados entre si. Os terzos laterais, despois do sogueado, presentan unha decoración de liñas incisas de puntos, círculos con punto central e arquiños e logo unha zona lisa.
A continuación fórmanse dous ganchos abertos cara fóra rematando cun ensanchamento globular e un cono truncado no extremo final-
Fragmento correspondente a media variña dun torques de sección circular, maciza e remate oco en periña. Decorado por un arame enrolado que forma 41 espirais, cubrindo o terzo extremo da variña e enlazando coa zona central lisa a través de dúas placas de dobres espirais de filigrana con botón central.
Torques composto por unha variña de sección circular maciza e remates en forma de periña ocos. Os terzos extremos da variña están recubertos por un fío que forma 81 e 88 espirais respectivamente en cada un dos lados. A parte central, lisa, aparece acoutada por dúas aplicacións de filigrana dispostas en espiral arredor dun pequeno botón central.
De forma rectangulaqr, realizada sobre unha lámina finísima e decorada cuns diminutos calados cuadrangulares a modo de celosía.
Trasnversalmente ao eixe maior, presenta deformacions verticais, unha central e dos laterais", posible indicio dun dobrado.
Fragmento dunha torta de tamaño mediano. Por tres dos seus lados aprécianse as marcas deixadas polo cincel ao ir extraendo o metal. Unha das súas caras, a máis plana, mostra as marcas deixadas pola cristalización dendrítica característica da fundición do ouro.
Elemento de adorno persoal composto por un aro de sección panoconvexa e decorado pola súa cara exterior. A parte superior presenta un chatón plano, decorado cunha ave coas ás despregadas e unha lenda arredor que se interpreta como RAN (O) SINDE.
Placa lixeiramente ovalada, de sección rectangular con pasador de agulla de base rectangular rematada nun motivo zoomórfico. Agulla e placa decoradas con circuliños e estrías incisas, de escasa marcación, tamén pola parte da lámina entre os cabuxóns, engastados en cápsulas independentes, recheos de pasta vítrea de cor vermella moi escura e dispostos en forma de aspa e dous grupos de tres pequenos e cor mais claro en forma de racimo, dipostos seguindo a dirección da agulla.
Peza constituída por seis cápsulas, circulares nos extremos e no resto ovaladas, unidas entre si por soldadura formando un acio invertido. Da ringleira inferior colgan tres pequenos colgantes rematados por filamentos. Para a suspensión conta cunha argola circular terminada nun ensanchamento esférico nun dos extremos. Os discos das cápsulas decóranse no reverso con ornamentos vexetais, flores de lis sobre fondo reticulado nas cápsulas ovaladas e rosetas cuadrifolias sobre fondo cuadriculado nas cápsulas circulares. Estas cápsulas estaban destinadas ao engaste das pedras preciosas ou cabuxóns de vidro.
Torta completa de forma ovalada e sección planoconvexa. Por unha das caras aprécianse as dendritas de cristalización e as pequenas irregularidades producidas polos gases. Pola outra cara, obsérvanse os sinais da superficie sobre a que se arrefriou.
De sección planoconvexa, presenta unha cara rugosa e outra máis lisa e con pequenas fosiñas producidas polos gases durante a fundición. Aprécianse os cortes producidos pola extracción de pequenos fragmentos.
Consta de dous elementos: unha parte medial penanular e outra distal en forma de triangulo invertido coa base curva, cuxos vertices se resaltan con tres remates, estando mellor conservado o do vértice inferior. o disco superior ten forma de crecente, cos extremos superiores máis estreitos, formado por fíos soldados de diferente tipo. O triángulo está recheo de diminutos gránulos.
Peza en forma de ril, coa parte medial en forma penanular, obtida mediante a unión de láminas polos dorsos. Parte proximal con dous pivotes unidos en forma de arco e soldados aos extremos con granulado na base. Decorada polas súas dúas caras principais a base de 11 pares de fíos funicularres concéntricos aos bordos.O dorso convexo tamén está decorado.
Peza de forma penanular, obtida mediante a unión de varias láminas polos dorsos. Parte proximal con dous pivotes de se3cción circular contrapostos en arco e soldados aos extremos con pequenas esférulas. Decorada polas súas dúas caras principais a base de nove pares de funiculares concéntricos aos bordos, o dorso convexo tamén está decorado con fíos unidos entre si de distintas formas (serra, liso e funiculares torcidos).
De forma penanular obrida mediante a unión de varias láminas. a parte proximal con pivotes de sección circular soldados. Interior oco. Láminas decoradas con liñas concéntricas aos bordos nas dúas caras principais. decoración no dorso interior con zigzags de gránulos e no exterior triángulos.
Pequena figura oca dun animal de catro patas, especie de carneiro con cornos e ás, realizada con láminas soldadas, profusamente decoradas a base de filigrana e gránulos. O carneiro presenta a cabeza levantada, a boca aberta, cornos retorcidos, orellas aguzadas, ás curvadas cara adiante e rabo longo. Todo o corpo da figura está cuberto de escamas confeccionadas con fío de filigrana retorcido; este fío utilízase tamén para disimular as unións das láminas e para perfilar as distintas partes do animal: patas, ollos, colo, etc. Figuras zoomórficas e flores de seis pétalos decoran parte do corpo da peza, dúas aves e dous cuadrúpedos, cuxo contorno está delimitado polo fío de filigrana. Pero o seu interior aparece recuberto por un finísimo granulado; esta técnica repítese nas rosetas.
Colar ríxido, composto por unha barra, de sección circular no tramo central e heptagonal nos trazos laterais, recubertos de arames enrolados, convexos polo exterior e planos na súa cara interna, presentando 24 espirais nun terzo e 22 no outro. O tramo central circular presenta un traballo de filigrana aplicada de 7 fíos soldados á barra, que delimitan 6 bandas paralelas decoradas con dous fíos entrelazados formando oitos. Na zona interior aparece unha marca estampada en forma de aspa. Remates ocos en dobre escocia.
Peza en forma de ril e estrutura laminar, tipo labirintiforme. Decoración do dorso interior cóncavo a base de filigrana formando espigados e no dorso exterior conveso dous frisos horizontais separados por fios de ouro nos que se asentan grupos de gránulos formando triángulos opostos pola súa base e saparados por un fío central. As caras principais forman dous tabiques internos concéntricos aso bordos. A parte proximal con dous traveseiros soldados a ambos os lados con granulado na base e moi próximos nos extremos.
De forma penanular obtida mediante a unión de varias láminas. A parte proximal leva dous pivotes irregulares, contrapostos e soldados. O interior é oco. Só se conservan anacos das láminas que cubrirían as dúas caras principais, decoradas con liñas concéntricas aos bordos.
Décimo "Extraordinario de Vacacións" da Lotaría Nacional de 1979 co motivo "Sistemas de transportes": imaxe que representa un tren de pasaxeiros. O número do décimo é o 41904 / ANVERSO. Impresión / 41904 / Lotería Nacional. Décima parte del billete para el sorteo del día 14 de julio de 1979 / El jefe del servicio (sinatura) / 2790610 - 041904 / 27/79 / 6ª fracción / 10ª serie / Precio 100 pesetas / Tren de pasajeros (imaxe) / Sexta fracción / Fca. Nal. de Moneda y Timbre / REVERSO. Impresión / Sorteo del día 14 de julio de 1979. Sistema moderno. Extraordinario de vacaciones. 10 series de 80.000 billetes de 10.000 pesetas. (Resumo de premios) / Extracto de la instrucción de Loterías (texto) / Próximo sorteo: 21 de julio. Billetes de 2.000 ptas., en décimos de 200 ptas
Décimo da Lotaría Nacional de 1979 co motivo "Sistemas de transportes": imaxe que representa un funicular aéreo. O número do décimo é o 04800 / ANVERSO. Impresión / 04800 / Lotería Nacional. Décima parte del billete para el sorteo del día 23 de junio de 1979 / El jefe del servicio (sinatura) / 2490203 - 004800 / 24/79 / 2ª fracción / 3ª serie / Precio 200 pesetas / Funicular aéreo (imaxe) / Segunda fracción / 3ª serie / Precio 200 pesetas / Funiclar aéreo (imaxe) / Segunda fracción / Fca. Nal. de Moneda y Timbre / REVERSO. Impresión / Sorteo del día 23 de junio de 1979. Sistema moderno. 14 series de 80.000 billetes de 2.000 pesetas. (Resumo de premios) / Extracto de la instrucción de Loterías (texto) / Próximo sorteo: 30 de junio. Billetes de 2.000 ptas., en décimos de 200 ptas
Décimo da Lotaría Nacional de 1979 co motivo "Sistemas de transportes": imaxe que representa un home montado nun velocípede. O número do décimo é o 34800 / ANVERSO. Impresión / 34800 / Lotería Nacional. Décima parte del billete para el sorteo del día 16 de junio de 1979 / El jefe del servicio (sinatura) / 2390401 - 034800 / 23/79 / 4ª fracción / 1ª serie / Precio 200 pesetas / Velocípedo (imaxe) / Cuarta fracción / Fca. Nal. de Moneda y Timbre / REVERSO. Impresión / Sorteo del día 16 de junio de 1979. Sistema moderno. 14 series de 80.000 billetes de 2.000 pesetas. (Resumo de premios) / Extracto de la instrucción de Loterías (texto) / Próximo sorteo: 23 de junio. Billetes de 2.000 ptas., en décimos de 200 ptas
Décimo da Lotaría Nacional de 1979 co motivo "Sistemas de transportes": imaxe que representa un carro grego. O número do décimo é o 63945 / ANVERSO. Impresión / 63945 / Lotería Nacional. Décima parte del billete para el sorteo del día 9 de junio de 1979 / El jefe del servicio (sinatura) / 2290209 - 063945 / 22/79 / 2ª fracción / 9ª serie / Precio 200 pesetas / Carro griego (imaxe) / Segunda fracción / Fca. Nal. de Moneda y Timbre / REVERSO. Impresión / Sorteo del día 9 de junio de 1979. Sistema moderno. 14 series de 80.000 billetes de 2.000 pesetas. (Resumo de premios) / Extracto de la instrucción de Loterías (texto) / Próximo sorteo: 16 de junio. Billetes de 2.000 ptas., en décimos de 200 ptas
Décimo "Extraordinario da Cruz Vermella" da Lotaría Nacional de 1979 co motivo "Sistemas de transportes": imaxe que representa unha ambulancia da Cruz Vermella. O número do décimo é o 73156 / ANVERSO. Impresión / 73156 / Lotería Nacional. Décima parte del billete para el sorteo del día 2 de junio de 1979 / El jefe del servicio (sinatura) / 2191004 - 073156 / 21/79 / 10ª fracción / 4ª serie / Precio 500 pesetas / Ambulancia de la Cruz Roja (imaxe) / Décima fracción / Fca. Nal. de Moneda y Timbre / REVERSO. Impresión / Sorteo del día 2 de junio de 1979. Sistema moderno. Extraordinario de la Cruz Roja. 9 series de 80.000 billetes de 5.000 pesetas. (Resumo de premios) / Extracto de la instrucción de Loterías (texto) / Próximo sorteo: 9 de junio: Billetes de 2.000 ptas., en décimos de 200 ptas
Décimo da Lotaría Nacional de 1979 co motivo "Sistemas de transportes": imaxe que representa un automóbil de vapor. O número do décimo é o 11358 / ANVERSO. Impresión / 11358 / Lotería Nacional. Décima parte del billete para el sorteo del día 26 de mayo de 1979 / El jefe del servicio (sinatura) / 2090809 - 011358 / 20/79 / 8ª fracción / 9ª serie / Precio 200 pesetas / Automóvil de vapor (imaxe) / Octava fracción / Fca. Nal. de Moneda y Timbre / REVERSO. Impresión / Sorteo del día 26 de mayo de 1979. Sistema moderno. 14 series de 80.000 billetes de 2.000 pesetas. (Resumo de premios) / Extracto de la instrucción de Loterías (texto) / Próximo sorteo: 2 de junio. Billetes de 5.000 ptas., en décimos de 500 ptas
Décimo da Lotaría Nacional de 1979 co motivo "Sistemas de transportes": imaxe que representa unha locomotora diésel. O número do décimo é o 12914 / ANVERSO. Impresión / 12914 / Lotería Nacional. Décima parte del billete para el sorteo del día 19 de mayo de 1979 / El jefe del servicio (sinatura) / 19990412 - 012914 / 19/79 / 4ª fracción / 12ª serie / Precio 200 pesetas / Locomotora diésel (imaxe) / Cuarta fracción / Fca. Nal. de la Moneda y Timbre / REVERSO. Impresión / Sorteo del día 19 de mayo de 1979. Sistema moderno. 14 series de 80.000 billetes de 2.000 pesetas. (Resumo de premios) / Extracto de la instrucción de Loterías (texto) / Próximo sorteo: 26 de mayo. Billetes de 2.000 ptas., en décimos de 200 ptas
Décimo da Lotaría Nacional de 1979 co motivo "Sistemas de transportes": imaxe que representa unha cadeira de man. O número do décimo é o 79359 / ANVERSO. Impresión / 79359 / Lotería Nacional. Décima parte del billete para el sorteo del día 12 de mayo de 1979 / El jefe del servicio (sinatura) / 1890702 - 079356 / 18/79 / 7ª fracción / 2ª serie / Precio 200 pesetas / Silla de mano (imaxe) / Séptima fracción / Fca. Nal. de Moneda y Timbre / REVERSO. Impresión / Sorteo del día 12 de mayo de 1979. Sistema moderno. 14 series de 80.000 billetes de 2.000 pesetas. (Resumo de premios) / Extracto de la instrucción de Loterías (texto) / Próximo sorteo: 19 de mayo. Billetes de 2.000 ptas., en décimos de 200 ptas
Décimo "Extraordinario do Día da Nai" da Lotaría Nacional de 1979 co motivo "Sistema de transportes": imaxe que representa unha escena onde aparece un carro exipcio. O número do décimo é o 41907 / ANVERSO. Impresión / 41907 / Lotería Nacional. Décima parte del billete para el sorteo del día 5 de mayo de 1979 / El jefe del servicio (sinatura) / 1790506 - 041907 / 17/79 / 5ª fracción / 6ª serie / Precio 500 pesetas / Carro egipcio (imaxe) / Quinta fracción / Fca. Nal. de Moneda y Timbre / REVERSO. Impresión / Sorteo del día 5 de mayo de 1979. Sistema moderno. Extraordinario del día de la Madre. 9 series de 80.000 billetes de 5.000 pesetas. (Resumo de premios) / Extracto de la instrucción de Loterías (texto) / Próximo sorteo: 12 de mayo. Billetes de 2.000 ptas., en décimos de 200 ptas
Décimo da Lotaría Nacional de 1979 co motivo "Sistema de transportes": imaxe que representa unha locomotora eléctrica. O número do décimo é o 50026 / ANVERSO. Impresión / 50026 / Lotería Nacional. Décima parte del billete para el sorteo del día 28 de abril de 1979 / El jefe del servicio (sinatura) 1690908 - 050026 / 16/79 / 9ª fracción / 8ª serie / Precio 200 pesetas / Locomotora eléctrica (imaxe) / Novena fracción / Fca. Nal. de Moneda y Timbre / REVERSO. Impresión / Sorteo del día 28 de abril de 1979. Sistema moderno. 14 series de 80.000 billetes de 2.000 pesetas. (Resumo de premios) / Extracto de la instrucción de Loterías (texto) / Próximo sorteo: 5 de mayo. Billetes de 5.000 ptas., en décimos de 500 ptas