Fragmento de torques con ornitomorfos
- Clasificación xenérica
- Ourivería antiga
- Obxecto
- Fragmento de torques
- Título / denominación
- Fragmento de torques con ornitomorfos
- Autor / Cultura / Taller / CECA
- Cultura Castrexa
- Cronoloxía
- Séculos IV a. C. - I d. C.
- Procedencia / achado
- Orixe incerta, provincia de Lugo
- Dimensións
-
Lonxitude: 17 cm
Grosor: 0,7 cm - Peso
- 72,41 g
- Materia / Soporte
- Ouro
- Técnica construtiva / decorativa
- Fundición, martelado e estampación
- Estado de conservación
- Bo
- Descrición
- Fragmento que corresponde ao terzo central dunha variña maciza de sección romboidal dun torques fragmentado. Decorado polas súas dúas caras exteriores con dous grupos de tres ornitomorfos enfrontados e no centro dos grupos un rectángulo recheo de circuliños, nos extremos liñas verticais con circuliños inscritos e un triángulo adornado con circuliños nun dos seus vértices. Ornamentación realizada con punzóns simples e compostos.
- Exposición
-
"El oro y la orfebrería prehistórica de Galicia" (16/01- 28/02/1997)



