Torques da Recadieira II
- Clasificación xenérica
- Ourivería antiga
- Obxecto
- Torques
- Título / denominación
- Torques da Recadieira II
- Autor / Cultura / Taller / CECA
- Cultura Castrexa
- Cronoloxía
- Séculos III a. C. - I d. C.
- Procedencia / achado
-
Xacemento: Castro de Recadieira
Lugar: Recadieira
Parroquia: Remedios, Nosa Señora dos
Concello: Mondoñedo
Provincia: Lugo
País: España - Dimensións
-
Lonxitude: 47,5 cm
Diámetro: 22 cm
Grosor máximo: 1,25 cm
Altura remates: 3,5 cm
- Peso
- 1182,66 g
- Materia / Soporte
- Ouro
- Técnica construtiva / decorativa
- Fundición e soldadura
- Estado de conservación
- Bo
- Descrición
- Torques composto por unha variña maciza deformada e remates en dobre escocia tamén macizos. Os dous terzos laterais da barra están cubertos por un arame enrolado, sobre unha alma de sección irregular, que forma 33 espirais nun lado e 32 no outro. A parte central da variña de sección circular non presenta decoración.
- Exposición
-
"El oro y la orfebrería prehistórica de Galicia" (16/01- 28/02/1997)
- Medios
-
T. Recadieira II.JPG
Parte de Torques da Recadieira II
