Torques de Mondoñedo
- Clasificación xenérica
- Ourivería antiga
- Obxecto
- Torques
- Título / denominación
- Torques de Mondoñedo
- Autor / Cultura / Taller / CECA
- Cultura castrexa de influencia celtibérica
- Cronoloxía
- Séculos III-I a. C.
- Procedencia / achado
-
Lugar: Castro de Recadieira
Parroquia: Remedios, Nosa Señora dos
Concello: Mondoñedo
Provincia: Lugo
País: España - Dimensións
-
Lonxitude: 41 cm
Diámetro: 15,5 cm
Grosor máximo: 0,7 cm - Peso
- 102,54 g
- Materia / Soporte
- Prata
- Técnica construtiva / decorativa
- Fundición, soldadura e estampación
- Estado de conservación
- Regular
- Descrición
-
Colar ríxido en forma de omega invertida. Consta dun eixo interior sobre o que se enrola un arame groso e outro fino soldados a unha barra interna imitando unha forma sogueada. O arame fino semella un cordonciño funicular e sóldase nos cavorcos do arame groso. Na parte central do colar o arame expándese formando 3 oitos ou entrelazos separados entre si. Os terzos laterais, despois do sogueado, presentan unha decoración de liñas incisas de puntos, círculos con punto central e arquiños e logo unha zona lisa.
A continuación fórmanse dous ganchos abertos cara fóra rematando cun ensanchamento globular e un cono truncado no extremo final- - Exposición
-
"Galicia no tempo", 1990.
"El oro y la orfebrería prehistórica de Galicia" (16/01- 28/02/1997).
Parte de Torques de Mondoñedo



