Carneiro alado
- Clasificación xenérica
- Ourivería antiga
- Obxecto
- Figura de carneiro
- Título / denominación
- Carneiro alado
- Autor / Cultura / Taller / CECA
- Peza inspirada na ourivería seliúcida
- Cronoloxía
- Indeterminada
- Procedencia / achado
- Indeterminada
- Dimensións
-
Altura: 6,5 cm
Anchura: 6,5 cm
Grosor: 2,5 cm - Peso
- 53 g
- Materia / Soporte
- Ouro
- Técnica construtiva / decorativa
- Fundición, soldadura, filigrana e granulado
- Estado de conservación
- Bo
- Descrición
- Pequena figura oca dun animal de catro patas, especie de carneiro con cornos e ás, realizada con láminas soldadas, profusamente decoradas a base de filigrana e gránulos. O carneiro presenta a cabeza levantada, a boca aberta, cornos retorcidos, orellas aguzadas, ás curvadas cara adiante e rabo longo. Todo o corpo da figura está cuberto de escamas confeccionadas con fío de filigrana retorcido; este fío utilízase tamén para disimular as unións das láminas e para perfilar as distintas partes do animal: patas, ollos, colo, etc. Figuras zoomórficas e flores de seis pétalos decoran parte do corpo da peza, dúas aves e dous cuadrúpedos, cuxo contorno está delimitado polo fío de filigrana. Pero o seu interior aparece recuberto por un finísimo granulado; esta técnica repítese nas rosetas.
Parte de Carneiro alado



