Torques de Burela
- Clasificación xenérica
- Ourivería antiga
- Obxecto
- Torques
- Título / denominación
- Torques de Burela
- Autor / Cultura / Taller / CECA
- Cultura Castrexa
- Cronoloxía
- Séculos III a. C. - I d. C.
- Procedencia / achado
-
Lugar: Chao de Castro
Concello: Burela
Provincia: Lugo
País: España - Dimensións
-
Lonxitude: 56 cm
Diámetro: 21,5 cm
Grosor máximo: 1,9 cm
Altura remates: 6,9 cm - Peso
- 1812 g
- Materia / Soporte
- Ouro
- Técnica construtiva / decorativa
- Fundición, soldadura, filigrana e estampación
- Estado de conservación
- Bo
- Descrición
- Colar ríxido, composto por unha barra, de sección circular no tramo central e heptagonal nos trazos laterais, recubertos de arames enrolados, convexos polo exterior e planos na súa cara interna, presentando 24 espirais nun terzo e 22 no outro. O tramo central circular presenta un traballo de filigrana aplicada de 7 fíos soldados á barra, que delimitan 6 bandas paralelas decoradas con dous fíos entrelazados formando oitos. Na zona interior aparece unha marca estampada en forma de aspa. Remates ocos en dobre escocia.
- Exposición
-
"Galicia no tempo" no 1991
"El Oro y la Orfebrería Prehistórica de Galicia" (16/01-28/02/1997)
"Torques, Belleza y Poder" no MAM (09-12/2002)
Parte de Torques de Burela







